XANDRE MILLET

COMPOSITOR E CANTAUTOR GALEGO

PRÓXIMAS DATAS

10 de Xuño – Interitmos Sons do Rural

17 de Xuño – Libraría Biblos Betanzos 12:30 (Media Banda)

21 de Xuño – IES Campo de San Alberto (Noia)

23 de Xuño – Luar (TVG)

8 de Setembro – «A Arca da Noe» Vilar de Santos (Ourense)

Martes 19 de Setembro – «Paisaxes Intelixentes – Restaurante o Secadeiro» Banzas (A Coruña)

Venres 3 de Novembro – «A Arca da Noe» Vilar dos Santos (Ourense)

6 de Decembro – Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)

BIOGRAFÍA

Traxectoria

Xandre Millet nado en Aguiño (Ribeira) no 1999, recibe formación musical dende curta idade formándose en diversos instrumentos. Pero foi con 15 anos, cando comeza a dar pequenos concertos polos bares da súa localidade para presentar as súas cancións.

Con 17 anos comeza a gravar o seu primeiro disco “Experiencias”, o cal estrea con 18 anos no 2017, do que tivo moi boa acollida grazas a súa canción “Alzarei”. O seu primeiro disco lévao a realizar concertos por diversas localidades da nosa comunidade e actuar en múltiples programas de radio e televisión.

No 2018 estrea a súa primeira panxoliña “Chega o Nadal”.

No verán do 2019 estrea a súa versión do tema “Adiós Ríos” de Rosalía de Castro.

En Decembro do 2019, saca o tema “Campás” co videoclip gravado na catedral de Tui.

En Xuño do 2020 lanza a canción co videoclip “Mariló a Cubana”. Esta canción baseada nunha historia real trata o tema da emigración e sobre todo homeaxea ás mulleres emigrantes. Este tema de novo recibe boa acollida e por primeira vez é máis escoitada en países como a Arxentina ou Uruguai.

En Abril do 2021 (en plena pandemia) e coa colaboración da Orquestra Sons realizan dende a casa unha nova e diferente versión de Alzarei.

En Xuño do 2021 lanza a súa versión do Himno Galego.

No 2022 e 2023 céntrase na gravación e producción do seu segundo disco “Moi Noso” o cal sae á luz no mes de Abril do 2023.

Moi Noso

Con 24 anos de idade lanza o seu segundo disco “Moi Noso”.

Trátase dun disco íntegro en Galego no cal podemos atopar 10 temas propios do autor, máis unha versión do Himno Galego. Non podemos encaixar este disco nun só estilo, xa que cada canción sorprende ao oínte con un estilo diferente dende o Rock, Rock Sinfónico, Pop, Tradicional ou Folk.
 
O nome do disco tamén fai referencia á temática das cancións tratando temas tan como a emigración, os cantares de cego, a violencia de xénero, a irmandade co pobo portugués,etc.
 
O disco conta con varios artistas colaboradores, como Javi Maneiro (vocalista de Herdeiros da Crus) ou Fernando Almeida (Tenor Portugués).
 
Ademáis neste disco mestúranse tanto o arte da música como o da pintura, pois cada canción conta con un debuxo inspirado na mesma creado por Andrea Menéndez (Carraca Arte).
 
A xoven promesa unha vez máis opta pola súa lingua materna como medio de expresión para a súa música, que coa axuda da súa banda presentará por diversos lugares de Galicia

dISCOGRAFÍA

2017

EXPERIENCIAS

Con 18 anos estreo o meu primeiro disco, «Experiencias», con unha gran acollida grazas o tema «Alzarei». Como o propio nome do disco indica, foi un viaxe cheo de experiencias que me impulsou a realizar diversos concertos e a participar en programas de radio e TV.

2023

MOI NOSO

En abril do 2023 publico o disco «Moi Noso», completamente en galego e con 10 temas propios compostos por min, tamén se pode atopar unha versión do Himno Galego. Con temáticas como a emigración, os cantares de cego, a violencia de xénero ou a irmandade co pobo portugués; cada canción sorprende ao oínte con un estilo diferente dende o Rock, Rock Sinfónico, Pop, Tradicional ou Folk.

SINGLES

  • «Chega o Nadal»
  • «Adiós Ríos»
  • «Campás»
  • «Mariló a Cubana»
  • «Alzarei» coa Orquesta Sons
  • «Himno Galego»
  • «Os Silenciados»

SINGLES

  • «Chega o Nadal»
  • «Adiós Ríos»
  • «Campás»
  • «Mariló a Cubana»
  • «Alzarei» coa Orquesta Sons
  • «Himno Galego»
  • «Os Silenciados»

SINGLES

  • «Chega o Nadal»
  • «Adiós Ríos»
  • «Campás»
  • «Mariló a Cubana»
  • «Alzarei» coa Orquesta Sons
  • «Himno Galego»
  • «Os Silenciados»